A recompensa de dar o seguinte paso cara á cima encóntrase en…

StAIrPredición e análise do S&P 500 con machine learning

Que é STAIR

STAIR é unha plataforma de predición direccional do S&P 500 a través do ETF SPY. Un pipeline diario inxire datos de mercado, indicadores técnicos e variables macroeconómicas para alimentar 72 modelos en produción: nove algoritmos por oito combinacións de cadencia (diaria, semanal, mensual) e horizonte de predición. Todos se readestran de forma automática cada mes.

Cada predición pode contrastarse cun motor de backtesting que desconta custos de transacción reais, e cun simulador de investimento que reconstrúe que tería pasado con diñeiro enriba da mesa: tres estratexias de investimento, data de entrada e saída configurables desde o ano 2000, ata cinco períodos con achegas distintas, capital inicial, sizing, custos de transacción, posicións curtas e a túa situación fiscal concreta (IRPF, pyme ou réxime xeral). Os resultados de cada simulación pódense explicar en linguaxe natural mediante un asistente de IA.

O resultado honesto

E o resultado é que non funciona. Na validación walk-forward aniñada con illamento temporal, ningún dos 72 modelos superou de forma robusta o baseline: predicir simplemente a media histórica bate case todo o demais en canto se descontan os custos de operar. É o resultado que cabe esperar baixo a hipótese de eficiencia débil do mercado aplicada a un ETF tan líquido como SPY, e é coherente coa literatura que advirte de que a maioría dos backtests positivos en machine learning financeiro son artefactos de sobreaxuste.

STAIR publica ese resultado en vez de escondelo. O obxectivo non era demostrar rendibilidade anormal: era construír e documentar a infraestrutura capaz de medilo con honestidade.

Contexto e contacto

STAIR funciona en produción sen supervisión desde finais de xuño de 2026: pipeline diario, readestramento mensual automático e API pública. Constrúeo e mantéñeo unha soa persoa. Comezou como Traballo de Fin de Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos na Universidade da Coruña.

Dúbidas, comentarios ou atopaches algo que non cadra? Escríbeme a avarela@stair-tfg.me.

Blog técnico

No blog publícanse artigos técnicos sobre o deseño e a validación do proxecto: decisións de arquitectura, resultados dos experimentos e o que non funcionou.

Ver os artigos

Quen construíu STAIR

STAIR construíuno Alejandro Varela en solitario. Na páxina do autor están as decisións técnicas e os resultados do proxecto.

Sobre o autor

SPY — Últimos 12 meses

Cargando SPY…